
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas, Calvario,
Concello: Melón / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Quins (Santa María)
Lugar: Codesás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto formado por un peto de ánimas en posición central flanqueado por dous cruceiros.
O peto é de tipo pechado. Aparece coroado por dous pináculos e un floreiro. A súa ampla fornela, cun enreixado de ferro, contén un retablo en pedra policromada no que podemos ver a imaxe de Santo Antonio co Neno no colo, e tres almiñas na súa parte inferior.
por riba da fornela aparece unha inscrición co ano de fabricación: “1851”
O peto posúe caixón para as esmolas.
O cruceiro da dereita nace sobre unha base coas arestas superiores rebaixadas. Posúe un varal cilíndrico estriado. O seu capitel cadrado e moldurado remata nunha cruz de brazos rectangulares no que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado.
O cruceiro da esquerda tamén nace sobre unha base coas arestas superiores rebaixadas. Posúe un varal cilíndrico estriado, un colariño e un capitel sinxelo. A cruz é de sección romboidal de brazos potentados.
É o único exemplo coñecido en Galicia de calvario con esta estrutura tan particular.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MELON/documents/26610ca007.PDF (Ficha nº 47 – Páxina 7)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18067&ctre=56&volverFicha=true
http://turismourense.com/ver/ver_concello/2
http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013/05/peto-de-codesas-quins-melon-ourense.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2771956542Lonxitude: -8.18588063121
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84