Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Castelo,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Vilar de Ortelle (Santiago)
Lugar: Marce
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O que hoxe podemos ver neste lugar son os restos dunha antiga fortaleza que xa aparece referenciada en documentos dos anos 841 e 1158. Outro documento dos séculos XV, XVI e XVII nombran a existencia da torre.

A edificación que hoxe podemos ver neste lugar chéganos moi modificada e inserta en construcións de época máis recente. Está feita a base de cadeirado granítico irregular, de planta cadrada e dúas alturas cun total de 7 metros de altura na parte maior e 4 metros na menor. Ten unhas dimensións de 7,5 x 7,5 metros. Posúe un teitume a unha auga.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os veciños do lugar din que era un antigo castelo, dunha altura tal que polas mañá “daba sombra a la iglesia de Chouzán” situada na outra beira do río Miño.
Tamén din que foi desmantelada en varias ocasións por veciños que utilizaron as pedras dos seus muros para a construción de vivendas. Do que non hai dúbida é da existencia dun verdadeiro castelo medieval onde agora non quedan máis que os restos desta torre.

Os veciños contan tamén como nesta edificación tiñan unha antiga e moi grande forxa e seica o conde de Lemos era moi amigo de Miguel de Cervantes, quen viña ate aquí para ir de caza co devandito conde.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.oocities.org/xufp/torre_marce.html

Restos de la Torre de Marce


http://es.wikipedia.org/wiki/Torre_de_Marce
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/02/26/0003_6600457.htm
http://es.concellodepanton.es/pazos/4547539467


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5184636411
Lonxitude: -7.7027182281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84