Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: Amandi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Capela de planta rectangular con teitume a dúas augas. Os muros aparecen rebocados de cal branca, agás os esquinais.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso cun pequeno soportal apoiado sobre dous piares graníticos. Xunto enriba aparece un pequeno ocelo. O conxunto remata nunha espadana dun so van con remates laterais en pináculos.
No interior destaca a súa bóveda redondeada en madeira.
O retablo, de estípites e que pertenceu a unha capela particular propiedade da casa de Moreiras, conten a seguinte inscrición:
“MÁNDOLO HACER Y PINTAR DON SANTIAGO LOSADA Y SU MUJER DOÑA JACINTA BERNARDA RODRIGUEZ, AÑO DE 1776”
Destaca diferentes imaxes, entre elas a de San Miguel, Santo Antonio de Padua, San Jacinto e San Bernardo.
A imaxe da Inmaculada é de factura gótica e de propiedade privada.
A imaxe de San Roque, de época barroca, leva traxe de peregrino, o bordón na man esquerda e o can ao seu lado.

A advocación primitiva desta igrexa era a da Nosa Señora do Carme.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
https://fervatasil.wordpress.com/arquitectura/las-ermitas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4532813416
Lonxitude: -7.70474463701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84