
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Camariñas tivo dous muíños de vento, un situado na rúa Muíño do vento, en teoría o máis novo e que foi derrubado, e o máis antigo, do que tan só temos os seus alicerces, situado entre Penafreu e o Alto das Rubias. Segundo o Sariño vello, a finais dos anos vinte cando el era un rapaz, ía xogar polo lugar e xa o lembra tal cal está.
Situado a 137 metros de altura sobre o nivel do mar, este muíño tiña 4 metros e 10 cm de diámetro cuns muros de 90cm a 1 metro de grosor. A dous metros e medio en todo o seu perímetro, tiña un murete no cal aínda se conservan unha especie de norais que servían pra amarralos cabos das aspas. A porta de entrada ó muíño medía un metro vinte centímetros e estaba situada a 220 graos Sur-Oeste.
Estos restos están agora rodeados de outros muiños de vento máis modernos posto que ali fixeron un parque eólico, o máis novo dos dous que ten a parroquia da vila dos encaixes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.14719188537169Lonxitude: -9.177945256233215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




