
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Soutomaior (San Salvador)
Lugar: Moreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Este cruceiro forma un conxunto coa fonte. Nace sobre un penedo rochoso. O seu varal nace en sección cuadrangular para pasar despois a octogonal. No medio aparece a figura do Divino Salvador sobre unha peaña.
O capitel é de tipo xónico, con volutas e unha flor en cada un dos lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nos, semellando á madeira. Nela podemos ver as imaxes de Cristo acompañado por dous anxos n parte superior, e no reverso a imaxe de San Sebastián sobre unha peaña.
Segundo di Estanislao Fernández de la Cigoña no seu libro, “este cruceiro é obra do escultor Alfonso Vilar, aínda que este non asinou a obra. Coñecemos o seu estilo, polo que non temos dúbida na adxudicación…”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 27 de xullo de 2022 recolle a denuncia sobre a “restauración” pouco axeitada que tivo a poza onde se atopa estecruceiro (ver referencias bibliográficas)
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.pxomsoutomaior.com/documentacion/TOMOIV_CATALOGO%20DE%20BENS%20A%20PROTEXER_Vol2.pdf (Ficha S-35 / Páxinas 220 a 222)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360530208.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2007). Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior (Historia dun Concello). Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
RESTAURACIÓN DA CONTORNA DO CRUCEIRO (27 de xullo de 2022)
https://historiadegalicia.gal/2022/07/cruceiro-pool-very-cool-a-nova-desfeita-patrimonial-que-denuncian-nas-redes/
https://www.facebook.com/maltratopaisaxe/videos/462284818692109/?t=2
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3222390584Lonxitude: -8.56387495995
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84