Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Costiña do Carme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico con mediacana e un bocel. Na cara do anverso ten unha inscrición que di: “ANO 1998”. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con cuarto bocel ornamentado con figuras de oitos. O ábaco ten lados rectos e lisos. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados presentando no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no colo sobre unha peaña con forma de nube. O cruceiro é todo de granito cunha moi boa conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7387841845
Lonxitude: -8.66324007511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84