
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Praza da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
De estilo neoclásico, sobrio, reempraza a unha igrexa mandada construir polo obispo teodomiro no século IX, á outra fundada por Xelmírez no ano 1133 e á refundada por Lope de Mendoza no século XV, de estilo gótico. Sufreu diferentes reformas, sendo a última no ano 1867.
No seu interior, acolle ó “Pedrón”, unha pedra que ben sendo o elemento máis xacobeo de toda a vila e que, segundo a tradición, foi amarrada a barca que traía os restos do Apóstolo Santiago, xunto cos seus discípulos Teodoro e Atanasio, dende Palestina ás terras irienses. Trátase formalmente dunha ara romana adicada ó deus Neptuno.
A principios da Idade Media, o Pedrón foi usado como base para o altar da orixinaria igrexa na honra a Santiago. O obispo Teodomiro mandouna levantar, como xa dixemos antes, no século IX, descubridor, da man de San Paio, do sepulcro de Santiago.
O edificio presenta tres naves sen cruceiro. A separación das naves con columnas nucleando pilastras toscanas nas que descansan os arcos de medio punto. No muro lateral leste ten unha portalada e a fachada alberga unha porta coroada por un frontón triangular e, a súa vez, o conxunto está enmarcado por dous pares de columnas xónicas que sosteñen outro frontón partido. Flanqueando aos lados da fachada, dúas torres campanarios xemelgas, unha a cada lado, cuadrangulares, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde levan as campás e, rematadas cunha cornixa e unha cupuliña. Dicir que tan só a torre campanario da dereita, mirándoa de fronte, leva campás.
No interior podemos ver unha inscrición sobre unha pedra que lembra o templo levantado polo arcebispo Xelmírez en 1133. Ao lado do altar maior, existe un púlpito dunha soa pedra, cunha fermosa imaxe de Santiago Peregrino, do século XV, pertencente ao templo gótico que mandou edificar Lope de Mendoza.
Nos diferentes altares e paredes da igrexa podemos ver diferentes elementos da tradición xacobea e de Santiago Apóstolo:
– Contemplamos nun dos altares o Santiago Matamoros, sobre o seu cabalo branco.
– Santiago Peregrino, talla do século XVII atribuída a José Gambino, coñecida como o Parrandero, que o 25 de xullo é levada en procesión a ombros dos mozos da vila ata a ermida do Santiaguiño.
– Dous altorrelevos de madeira pertencentes ao retablo da ermida do Santiaguiño, un representando a Traslatio e outro ao Apóstolo Santiago bautizando a Raíña Lupa.
– Dous óleos do século XVIII pertencentes ao Cabido de Iria, restaurados en 2003, nos que se representa a Traslatio e a aparición da Virxe ao Apóstolo Santiago, tal e como aparece no escudo do Cabido de Iria.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA003.PDF
http://www.areasantiago.es/monumentos-mcs/iglesia-de-santiago-de-padron
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7392274245Lonxitude: -8.66141885519
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




