Outra fotografía:
Tipo de ben: Pecio/Xacemento submarino,
Concello: Ferrol
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Porto Exterior - Ensenada de Cariño
Outra denominación do ben: Regazona
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Ragazzona era un barco mercante de orixe veneciano, nave capitana da Escuadra de Levante da Gran Armada, ou Armada Invencible, que foi mandada por Felipe II contra Inglaterra. Tiña unhas dimensións de 1249 toneladas/sueldo, 33,91 m. de eslora, 12,16 m. de manga e 6,9 m. de puntal.
Por mor dunha treboada, rompeu amarras e afundiu o 8 de Xaneiro de 1588 na ría de Ferrol, cando ía camiño ao porto da Coruña. A súa carga e artillaría foi na altura parcialmente rescatada.
O seu exacto punto de afundimento non está claro e identificouse cos restos dun pecio atopado á entrada da ría de Ferrol. En marzo e 2013 a USC realizou un proxecto de búsqueda e identificación dos restos, relocalizando o pecio formado por 7 pezas de artillaría e un áncora, que tradicionalmente se identificou coma os restos da Ragazzona.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Fernández Abella, D. (2013). Prospección arqueológica subacuática en la ensenada de Cariño (Ferrol, Coruña). I Congreso de arqueología náutica y subacuática española. Ministerio de Educación Cultura y Deporte. Pp. 821-835.
Fernández Abella, D., (2013). Buscando a la Ragazzona. Prospección arqueológica subacuática en la ensenada de Cariño, Ferrol. Gallaecia Vol. 32 Pp. 191-214.
Fernandez Abella, D.; Abilleira Crespo, Y.; Blanco Patiño, D.; Carlsson-Brandt Fontán, E.; Crespo Liñeiro, I.; Ferreira Domínguez, A. (2014). Proyecto Ragazzona. Glyphos. Revista de arqueología nº 3, Pp. 23-32.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Revisando datos dende o seu suposto achádego en 1990 está claro o seu deterioro, expolio e roubo de elementos que orixinalmente formaban parte do pecio. E de supor que están en mans particulares e en paradoiro descoñecido.
Onde está localizado
Latitude: 43.4589001571Lonxitude: -8.31287384033
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84