Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: O Padrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado. Pola cara do reverso ten unha inscrición que dí: “DONADO POR LA FAMILIA RIAL DIAZ 1997”. O varal é octogonal comezando en cadrado e ten unha figura da Virxe coroada co Neno nun pedestal, pola parte do anverso. Ten un capitel circular con astrágalo circular decorado con flores e orlas vexetais. O ábaco é de lado curvos cos vértices achafranados. No centro de cada lado curvo do ábaco leva unha flor. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e pola parte do anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans sobre o peito colgándolle un crucifixo por debaixo das mans. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4340938919Lonxitude: -8.7049497664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84