
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Taboi (San Pedro)
Lugar: Taboi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Segundo escribe Ramón Boga na súa magnífica guía, a torre de Taboi sería o primitivo predio dos Saavedra, aos que pertenceu toda a terra de Parga.
Da torre-fortaleza só queda en pé a torre incompleta da Homenaxe: Amosa unha planta case cadrada de grosos muros. A un terzo de altura hai ou había unha única porta de acceso que corresponde á ponte levadiza desaparecida. A esta porta fáltanlle os seus sillares mostrando unha preocupante e alarmante derrube non moi lonxana. Nun dos paramentos, no máis alto, ábrese unha pequena xanela con lintel triangular de granito. Fáltalle o coroamento ameado, así como a bóveda que suxeitaba a terraza. Interiormente é seguro que se distribuiría a través de tres andares e soto, como parecen indicar as pegadas que quedan nos muros e que terán uns 15 metros de altura aproximadamente. O resto da construción é de cachotería pizarrosa.
En resumo, a torre áchase en estado ruinoso, con grandes gretas no lateral sur. O escudo principal áchase no Museo Provincial de Lugo e un segundo escudo áchase no pazo ou “casa da Torre” do lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”. Edicións Xerais, 1ª edición, Xullo de 2003.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTEIRODEREI/documents/0683CA001.PDF
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/torres-medievais-de-outeiro-de-rei.html
http://www.outeiroderei.org/patrimonio.php?secc=pazos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Esta torre está moi arruinada e desmochada, sendo necesarios traballos urxentes de restauración para evitar a súa inminente desaparición.
Onde está localizado
Latitude: 43.1467496159Lonxitude: -7.56876736879
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






3 comentarios
Oscar Franco says:
Feb 16, 2016
A asociación Hispania Nostra inclue esta torre na súa lista vermella:
http://listarojapatrimonio.org/ficha/torre-de-taboi/
A prensa escrita do 16 de febreiro de 2016 recolle esta nova:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/02/16/torre-medieval-lugo-riesgo-caida-deterioro/0003_201602H16P389911.htm
Xabier Moure says:
Mai 30, 2016
Artigo sobre a torre de Taboi.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/outeiro-de-rei/2016/05/10/span-langgl-facer-coa-spanspan-langgltorre-taboispan/0003_201605L10C9993.htm
Oscar Franco says:
Feb 12, 2017
Artigo sobre este ben e o seu mal estado de conservación:
http://historiadegalicia.gal/2017/02/unha-torre-medieval-dos-pardo-de-cela-corre-serio-risco-de-derrube-desde-hai-anos/