Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ferrol
Parroquia: Ferrol
Lugar: Arsenal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este impresionante edificio industrial de Ferrerías data do século XVIII, de estilo neoclásico , do cal as primeiras trazas de autor descoñecido aprobou Carlos III, o 26 de setembro de 1781, seguiu segundo parece un proxecto anterior de Julián Sánchez Bort, foi deseñado para albergar as Ferrerias do complexo dos estaleiros e do Arsenal da Armada Española en Ferrol, de aí o seu nome.
O edificio Ferrerías trátase dun edificio de planta rectangular moi alongado, con noventa e sete metros de fronte por vinteun de fondo ó que lle apega outro corpo, de menor entidade, configurando unha planta en forma de “L”. Ambas cubertas con bóvedas de aresta moi sólidas sobre 132 arcos de medio punto de sillería, que permiten a entrada de abundante luz ao interior. A parte aliñada de Leste a Oeste componse de tres naves abovedadas e dous patios, de dous módulos cada un. Curiosamente, nestes patios existen dous pozos de auga potable, a pesar de ter sido construído o edificio nunha zona de mareas. Nesta parte atopábanse as fraguas, que era a zona destinada a obras fortes e de martelos. Había unhas 32 fraguas, catro delas de grande tamaño destinadas á construcción de áncoras. Neste obradoiro traballaban 144 operarios.
A outra parte, aliñada de Norte a Sur, ten tan só dúas liñas de bóvedas, e nela rematábanse as obras menores dos traballos de ferrería. Tamén se traballaba a fundición.
No ano 1994, este edificio de Ferrerías foi elixido para albergar a Exposición Nacional da Construcción Naval inaugurándose o 10 de marzo de 2008. Unha exposición moi interesante tanto polo edificio como polo que nos ensina sobre a historia da construcción naval.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– CASTRO LUACES, J.; SAURA CIGÜEÑA, R.: “Guía de visita de la exposición nacional de la construcción naval, EXPONAV”.
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Ferrol”. VOL.XIV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4824378463
Lonxitude: -8.23124885559
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84