Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ferrol
Parroquia: Serantes (San Salvador)
Lugar: Ermida de Chamorro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal troncopiramidal. O varal é cadrado con chafráns tendo adornos nos mesmos. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e o ábaco de lados rectos ademais, ten volutas e follas de bordes lobulados. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e rematados con frores. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade co cristo no seus brazos. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da Provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provinacial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA002.PDF (páx. 15).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5078747892
Lonxitude: -8.24515342712
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84