Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María) – San Pedro de Ribeira (San Pedro)
Lugar: A Presa
Outra denominación do ben: Marco da Presa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Na zona coñecida como A Presa, na ribeira do ría Arnoia, localízase esta peneda, con funcións de marco de termo, que ten gravadas polo menos catro cruces.
Estas catro cruces son de tipoloxías e tamaños diferentes, isto posiblemente nos indica que foron feitas en distintas épocas. Atopámola preto do actual límite común das parroquias de Ponte Ambía (Santa María) e San Pedro de Ribeira (San Pedro), no concello de Baños de Molgas.
A zona onde se localiza, actualmente coñecese como Presa, no Catastro de Ensenada vendo o marqueo da feligresia de Ponte Ambía, atopamos unha referencia que ben poidera ser este “marco” “….y sigue bajando al que se dice Penas Altas y de este sigue al Rio Arnoya y Presa llamada do Cereiro y por dicho Rio…..”

Esta peneda-marco tamén coincidiu no trazado do AVE que se está a construír por esta zona, sendo elexida polos topógrafos da obra para colocar un soporte para a medición da construción do viaduto que cruza o Arnoia a poucos metros de esta pedra.
Foron elixir a peneda que mellor se lle axeitaba para a súa necesidade, nesta elección foron dar con esta pedra, a que non lle deron importancia as gravuras das cruces de termo cas que na antigüidade marcaban estes “Marcos” divisorios.

Estas cruces foron danadas pola colocación de esta plataforma e ser suxeitada con 6 parafusos xusto onde se atopan elas, na parte superior.

Primeira cruz (Foto-1)
Situada polo lado noreste é de tipoloxía cristiá con terminacións en forma de pequena pía nos catro extremos dos dous sucos que a forman. Aparece parcialmente oculta debaixo da chapa.

Segunda cruz
A que supoño é a cruz número 2, solo se aprecia o que semella ser a base de esta. Aparentemente esta é mais moderna que a anterior, o suco non está tan redondeado como na anterior, e está menos erosionada.
Situada polo lado norte da peneda, xa no borde de esta.

Terceira cruz
No lado suroeste atopamos a cruz número 3, semioculta debaixo do metal invasor. Un dos sucos aparece xusto na esquina da devandita chapa, estando a metade do outro suco debaixo, e calculamos que o parafuso próximo puidera estar atuado no seu extremo.
Esta é a típica cruz de termo que atopamos por estas terras, a formada por dous trazos da mesma dimensión cruzados a 90º pola súa zona central.

Cuarta cruz
A última das cruces de termo visibles é esta que non se aprecia apenas. Trátase de unha semellante a anterior pero os seus sucos están pouco marcados e moi redondeados, posiblemente pola erosión, xa que se sitúa polo noroeste, e pola antigüidade de esta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://asherdanzasdotempo.blogspot.com.es/2015/01/outra-desfeita-impune-do-noso-patrimonio_10.html

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22431-obras-ave-danan-marco-centenario


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Esperemos que amosando as continuas desfeitas que imos vendo, se lle poida por freo a tanto despropósito, e os responsables fagan respectar este noso patrimonio malferido.
Que os responsables de tanta “cafrada”, rectifiquen e que nas vindeiras ocasións tomen medidas para evitar esta cisma por atacar os maltreitos bens patrimoniais, e mais sendo evitables como esta, na que se pudo facer un soporte provisional, durante o tempo que durase a obra e non estragar algo que leva moitos anos alí feito.

Estamos acabando ca herdanza que nos deixaron os nosos antergos, eles encomendáronnos a obriga de mantela e respectala para que vindeiras xeracións poidan gozar de ela.

Con estas liñas quero informar de algo do que prefería non ter feito, o novo achado de unha desfeita do patrimonio, que de seguro quedará impune.
Como case sempre que se realiza una obra como esta do eterno AVE a Galicia, as construtoras deixan as súas pegadas nas malferidas herdanzas dos nosos antergos.
O pasado dia 5 de Decembro achegueime a unha zona afectada polas obras onde, a miña familia tiña uns cachos de monte, que esta xente destrozou no largo facer desfacer de esta faraónica obra. Afanado en intentar adiviñar o que quedara de estes terreos, chamoume a atención o aparello metálico colocado sobre unha peneda, supostamente para medición na construción da ponte que se construíu para que a alta velocidade no tramo Meamán-Ponte Ambía atravesara o río Arnoia, nesta zona entre as aldeas de Ponte Ambía e Santa Eufemia, no concello de Baños de Molgas.

Como se pode ver parece un soporte para colocar enriba algún aparello para ir medindo a exactitude da construción. Xa está cheo de óxido.
Foron elixir a peneda que mellor se lle axeitaba para a súa necesidade, nesta elección foron dar con esta pedra que estando no límite común das parroquias de Ponte Ambía (Santa María) e San Pedro de Ribeira (San Pedro), tiña as pertinentes cruces de termo cas que na antigüidade marcaban estes “Marcos” divisorios.
Trátanse aparentemente de catro cruces, de distinta factura e polo tanto supostamente distinta data de construción. Digo aparentemente, xa que como se observa nas fotos, a base do aparello tapa parcialmente a case todas as cruces, e puidera que ocultara totalmente a algunha mais.

Como se pode ver ten seis parafusos de diámetro considerable perforados na pedra.
Esperemos que cando se retire, os buratos non afectaran ás cruces en demasía.
Ademais da placa tamén aparece algún parafuso mais pola superficie da rocha.

Conto con que esta pequena queixa chegue a quen teña na súa man poder tomar medidas e concienciar da nosa obriga de dar o testigo de estas “herdanzas do tempo” a aqueles que deberán continuar en tempos vindeiros con esta encomenda.

http://asherdanzasdotempo.blogspot.com.es/2015/01/outra-desfeita-impune-do-noso-patrimonio_10.html
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22431-obras-ave-danan-marco-centenario


Onde está localizado

Latitude: 42.2280168581
Lonxitude: -7.70867943764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84