Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Urgal
Outra denominación do ben: Cruceiro e Peto de ánimas do Urgal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fermoso conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

O cruceiro, do século XVII, nace sobre un chanzo cadrado no que se apoia unha base de sección cadrada coas arestas rebaixadas no que podemos ver unha inscrición pouco lexible que di o seguinte:
“ESTA OBRA HIZO
DOMINGOS DA POR
TELA I SU MGER M
ARGARIDA ALONS
O AÑO 1691”.

O varal, de sección circular, posúe unha imaxe de San Sebastián sobre unha peaña na súa parte media. A continuación o capitel de sección cilíndrica. O conxunto remata nunha cruz de tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O peto de ánimas, de factura moito máis moderna, posúe unha fornela con arco de medio punto na que aparece a imaxe de San Francisco de Asís en posición central portando unha cruz na man. Por baixo e entre as lapas do Purgatorio podemos ver tres figuras coa cabeza cuberta. Antigamente o retablo estaba policromado.
Na parte inferior destaca unha pequena porta metálica para recoller as esmolas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_020 – Páxina 226)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604837.html

BIBLIOGRAFÍA
“Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999; de Xoán Martínez Tamuxe.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9295709895
Lonxitude: -8.83412227035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84