Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pastoriza
Parroquia: Bretoña (Santa María)
Lugar: Bretoña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo disque situado sobre un antigo castro e sobre os alicerces dunha primitiva basílica monacal de orixe suevo-visigótica, sé da diócese de Britonia fundada polos bretóns que chegaron ás costas de Lugo no século V, dirixidos polo bispo Mailoc. Daquí xurde a diócese actual de Mondoñedo-Ferrol. Realizáronse escavacións a principios dos anos setenta do pasado século, saíndo á luz gran número de tumbas paleocristiáns e cimentos da basílica episcopal. Nas proximidades tamén se atopou un pendente de ouro, ao parecer prerromano. A igrexa actual ten planta rectangular con tres naves, presbiterio e sancristía. Agás a torre-campanario, os muros están encementados e pintados de branco. Sobre a porta lese a data de 1733, e tamén aparece esculpida a cabeza dun anxo con sombreiro de peregrino. Na parede leste do templo hai unha lápida coa inscrición da consagración da antiga igrexa en honra de Santa María da Paz, construída sendo bispo Pelaxio, que di: “ERA C… IQ V K(a) L(enda) S: MAI(a)S P(e)LAGI(u)S P(resbi)T IN ONOREM S(an)C(t)E MARIE MATRE PACES”. O P. Flórez cita unha escritura do ano 830 onde di que Britonia foi invadida e destruída polos árabes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galiza/Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3382674624
Lonxitude: -7.31719493866
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84