Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Siabal (San Lorenzo)
Lugar: Arrabaldo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Fonte da modalidade de capela e gorecida por unha cuberta a unha unica auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño aberto na súa fronte.
A fonte aparece complementada cun bebedoiro rectangular construído para o gando e situado a carón da fonte, colocándolle unha bomba manual para sacar a auga.
O oco frontal está protexido por unhas cancelas metálicas, e fronte a esta atópase un banco de pedra. Formando parte do conxunto tamén vemos un pivote de protección situado nunha esquina da fonte, este impedía que os carros se arrimaran a esta e a puideran deteriorar.
Esta fonte atópase a entrada de Arrabaldo nunha praza que se forma en cruce de camiños.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca108.pdf (P.9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.281432Lonxitude: -7.758798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84