
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cangas
Parroquia: Cangas (Santiago)
Lugar: Praza de Síngulis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O cruceiro de Síngulis está situado na praciña do mesmo nome no casco vello de Cangas, e é un dos cruceiros máis emblemáticos e coñecidos da vila. Descoñécese a data exacta da súa realización, que pode estar entre os séculos XVIII e XIX.
O monumento érguese sobre un estilobato de catro chanzos e de pranta octogonal, o primeiro deles de feitura máis tosca, sendo máis ben unha plataforma para nivelar o desnivel do terreo, e os outros tres máis labrados, regulares e da mesma altura. Estes tres degraos rodéanse dunha pequena reixa de ferro.
O dedestal é rectangular, de maior largo que altura, e cos bordes superiores biselados. O fuste ou varal bastante esvelto, é de sección cadrada na base, para despois virar a octogonal a partir de certa altura. O capitel é de orde composta, cunha primeira orde de follas carnosas, e a segunda con volutas ou caulículos. No centro dos lados frontal e traseiro do capitel escúlpense cabezas de anxo, mentres que nas outras faces hai cunchas de vieira. A cruz é de sección octogonal, cos extremos potenzados. No lado frontal hai un cristo de feitura naturalista, aínda que de membros algo desproporcionados, co rostro virado cara á dereita, e a cartela co INRI sobre a súa cabeza. No reverso, cos pés apoiados sobre a cabeza dun anxo, hai unha Virxe das Dores de rostro moi expresivo que leva as mans ao corazón coas sete espadas cravadas, coa cabeza cuberta con manto e un cíngulo arredor da cintura.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A praza de Síngulis, situada no borde do casco histórico de Cangas, rodeada con algunhas fermosas casas de patín, está hoxe nun estado lamentable. Ten sufrido varios conatos de urbanización salvaxe (edificios de gran altura no entorno que ameazaban con cubrir os seus horizontes con medianeiras aberrantes), pero afortunadamente a Dirección Xeral de Patrimonio informou en contra destes proxectos en varias ocasións, evitando de momento a desfeita.
Onde está localizado
Latitude: 42.261629792976095Lonxitude: -8.786829560995102
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
M. Soledad Pintos says:
Abr 3, 2022
Hai dehesas no centro de Cangas do Morrazo, e os cruceiros ven sobre estiletes ou sobre varais?, vaia linguaxe!!!!
Franjopadin says:
Xul 12, 2023
Non entendín o comentario…