Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Mondariz
Parroquia: Meirol (Santo André de Meirol)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben: Cruceiro do Couto
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de tipo pechado feito en pedra granítica cunha pedra en forma de mesa, e con remates en pináculos.
A súa fornela posúe un arco de tipo escarzano e se atopa protexida por unha reixa. Nos seus laterais aparecen unhas columnas en relevo. O retablo componse de 24 azulexos no que aparece a imaxe do Arcanxo San Miguel en posición central e sobre as lapas do Purgatorio.
Por riba da fornela podemos ver a seguinte inscrición: “RESTAURADO POR ROSA BARRAL PREGAL 1967”.
Antigamente este peto posuía un retablo de xeso policromado no que aparecía o ollo de Deus, San Miguel cunha lanza e cinco almiñas.
Pola parte traseira do peto podemos ver un cruceiro que nace sobre unha base troco-piramidal. O seu varal acanalado remata nun capitel cadrado con cariñas de anxos nos seus catro lados. O conxunto coróase cunha cruz de tipo latina no que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado de pequeno tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha E-015 – Páxina 147)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360300401.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17707&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2137311279
Lonxitude: -8.41733917594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84