
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lugo
Parroquia: Coeses (Santa María Madalena)
Lugar: Ceza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro con duplo recinto elíptico, sobre un pequeno outeiro, con amplo dominio visual da contorna. O recinto principal ten 134 m. (leste-oeste) e 110 m. (norte-sul). O segundo recinto sitúase en forma de terraza rodeando o recinto principal. Ambos están defendidos por terraplén todo ao redor. As dimensións totais dos dous recintos son de 154 m. (N-S) E 183 m. (L-O).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA27028062
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A croa e a terraza úsanse para labores agrícolas. Un muro de división interno de leiras na croa empregou material lítico do propio xacemento na súa construción.
Onde está localizado
Latitude: 42.940613717Lonxitude: -7.52523812682
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Xuñ 15, 2015
A ficha do Castro da Madalena, en Ceza (Coeses) no PXOM
do Concello de Lugo do ano 2011
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca072.PDF
páxina 5 do pdf.
Este castro no listado de Bens Arqueolóxicos do mesmo PXOM
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca068.PDF
páxina 3 do pdf.
Chousa says:
Xuñ 16, 2015
A foto aérea é impresionante, parece un cráter.
refoxeiro says:
Xuñ 17, 2015
Dicides no facebook que ides ir sábado sinalizalo in situ. Tedes o permiso de patrimonio? Porque se non o tendes podedesvos meter nun lio, outras cousas non as miran pero nisto son tallantes.
Cultura do País says:
Xuñ 17, 2015
Para poñer autocolantes co código QR de identificación que facilita esta páxina non é preciso 🙂
adrian says:
Xuñ 30, 2016
dende este castro, segundo o Madoz, tomaronse as referencias xeográficas da zona para facer o mapa de Fontán. tamén existe unha lenda que o relaciona con outros dous castros, que estan un pegado ó outro, a menos de dous km, en canto poida achegarme a eles fago fotoos e catalogoos, e xa poño a lenda.