Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: A Canicouva (Santo Estevo)
Lugar: A Canicouva
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa orixinaria do século XII, aínda que restaurada no ano 1986. Construída a base de cadeirado granítico, con teitume a dúas augas con tella curva do país, posúe unha soa nave de planta rectangular. A ábsida, de menor tamaño, tamén ten planta rectangular. No hastial da ábsida destaca a representación pétrea dunh cruz antefixa sobre un carneiro.
A fachada principal, é de recente factura, probablemente do século XIX. Nela podemos ver unha porta de estilo neogótica, de directriz apuntada enmarcada por dúas pilastras que sosteñen un frontón triangular con entablamento e cornixa moi molduradas.
O conxunto remata nunha torre de planta cuadrangular, de catro vans. No interior da igrexa consérvase unha pía bautismal de época románica. A igrexa destaca pola súa colección de canzorros nos muros laterais. Nos seus arredores atopáronse restos de cerámica castrexa e romanizada moi tardías.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/igrexa-parroquial-de-santo-estevo/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3716217721
Lonxitude: -8.61413821578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84