Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Vilalba (Santa María)
Lugar: Praza do Coronel Pena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal cuadrangular e outra catro pezas máis superpostas. A primeira das pezas ten unha mediacana e cuarto bocel, a segunda, unha peza rectangular cunha inscrición que di: ” Concello de Vilalba, escola-taller A D MCMXCII”, a terceira, outra peza rectangular de menos tamaño coa cara recadrada e a última, unha peza con forma troncopiramidal. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Leva un capitel cuadrangular con cuarto bocel e un ábaco de lados rectos. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e coas caras recrucetadas. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2978767655
Lonxitude: -7.68308848143
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84