Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Silleda
Parroquia: Carboeiro (Santa María)
Lugar: Carboeiro de Francia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Moi preto do afamado mosteiro de Carboeiro atópase esta ponte dun só arco e de orixe medieval que atravesa o río Deza.
Foi obxecto de moitas lendas debido á grande cantidade de asaltos e asasinatos alí producidos, xa que antigamente era punto de paso obrigado. Pero quizais a máis famosa sexa a lenda do pacto co demo feito polos monxes do mosteiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Cando se creou o mosteiro de Carboeiro as dificultades eran moi grandes debido ás fallas de recursos e de xente capacitada para o traballo. Deste xeito, os monxes enviaron a pactar co demo ó irmán Ramón, un monxe moi coñecido pola súa sinceridade. O demo aceptou mais desconfiaba dos monxes, que posuían o salterio de San Cibrán capaz de escorrentar o mesmo diaño.
O trato foi que o demo construiría o mosteiro e a ponte e como recompensa recibiría tódalas almas que falecesen nese domingo entre a misa maior e a misa de vésperas.
Así o fixo e cando agardaba a súa recompensa os monxes enganárono e xusto o remate da misa maior continuaron ca misa de vésperas. O enfado do demo foi inmenso pero non puido facer nada fronte o poder do salterio e a forza da súa propia construción.
Cando séculos máis tarde o salterio foi levado para Toledo o demo conxurou unha tempestade que destruíu o mosteiro deixándoo no estado ruinoso que tiña antes da súa actual restauración.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/04%20Carboeiro/Cat%E1logo/0406.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7544571973Lonxitude: -8.24765056372
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84