Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Rábade
Parroquia: Rábade (San Vicenzo)
Lugar: R/ Xosé Pardo e Pardo Montenegro
Outra denominación do ben: Antiga Casa Consistorial
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio de carácter institucional que albergaba as dependencias do concello contemplándose dende a súa localización as beiras do Miño. É un volume sinxelo, sen grandes profusións decorativas, de planta rectangular de dous andares e mailo baixocuberta a dúas augas de lousa. A fachada está enfoscada e pintada de branco agás nos esquinais, cornixa, liñas de imposta e marcos de vans con pezas de cantería á vista.
A fachada principal consta de cinco ocos por planta de distintas dimensións, na planta baixa sitúanse dous accesos á vivenda, un deles con arco de medio punto. No interior alberga un magnífico auditorio con capacidade para 80 persoas, un centro de interpretación formado por catro salas que xuntan unha superficie de 200 metros cadrados dedicadas a exposicións.
Trátase dun edificio histórico, pois antigamente, debíase pagar nel o portádego para poder atravesar a ponte vella sobre o río Miño, por tratarse dunha ponte de peaxe. No ano 2011, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), móstralle ó concello de Rábade o seu interese por emprender un proxecto de grande calado na antiga Casa Consistorial para levar a cabo un programa de educación ambiental e de difusión dos valores naturais do territorio galego e, en especial, da comarca da Terra Cha e as súas zonas limítrofes. Así, grazas o acordo entre o concello e esta asociación créase a Casa das Ínsuas, un Centro de Estudo e Conservación da Natureza administrada pola AGCT.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RABADE/documents/26609ca001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RABADE/documents/26609ca002.pdf
http://es.slideshare.net/mcohyla/a-casa-das-insuas-na-cerna
http://casadasinsuas.blogspot.com.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1156277288
Lonxitude: -7.61659920216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84