Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Fontenla (San Mamede)
Lugar: Cornedo
Outra denominación do ben: Cruceiro de Cornedo // Cruceiro da Ascensión
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de ánimas que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base, de sección cúbica e coas arestas rebaixadas, posúe un pequeno relevo no que se poden ver catro ánimas. Nas outras tres caras da base aparecen varias inscricións: pola parte traseira aparece un relevo co ano da súa factura “1680”; na cara esquerda podemos ler unha inscrición:
“ORACION
POR LAS ANI
MAS”.

O varal, que é de sección octogonal, remata nun capitel esférico, con cordón ecuatorial.
O conxunto remata nunha cruz sen imaxes.

O cruceiro de ánimas posúe catro balaustres de pedra unidos por unha cadea.

No pasado, este cruceiro estaba situado no lugar da Ascensión (aínda se lle coñece por este nome)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEAREAS/documents/0861CA005.PDF (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420902.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=17731&ctre=55&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1725830092
Lonxitude: -8.48929747939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84