Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Areas (Santa María)
Lugar: Ganade - O Souto
Outra denominación do ben: Peto de ánimas do Souto
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas feito en cadeirado granítico, con teitume plana, e coroado por unha cruz dous pináculos nos laterais. O caixón das esmolas aparece na parte baixa cunha pequena porta metálica.
A fornela é de grandes dimensión con forma rectangular. Nela podemos ver un retablo feito en pedra policromada con dúas cruces pintadas en negro nos laterais na que aparece a Virxe do Carme co Neno no colo acompañada por dous grandes anxos que axudan a outras catro almiñas a saír de entre as lapas.
Por debaixo da cruz podemos ver un medallón cunha inscrición que nos di o ano da súa factura: “1865”
Ao redor do retablo aparece a seguinte lenda pintada en negro: “SE HIZO A DEVOCION DE JOSE ANTONIO CARRERA Y SU SUEGRO”.
E por debaixo das almiñas outra lenda maís: “MANUEL CARRERA SOBRINO 1905”


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=17735&ctre=56&volverFicha=true
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDWXVzdG10bFoySDA&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 4)

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1637026391
Lonxitude: -8.52216929197
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84