Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: A Pousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sobre un chanzo está fixada a base de tipo pirámide truncada, que aguanta o fuste cilíndrico, agás no inicio. O capitel ten forma de cubo, leva por decoración unha caveira, unha cabeciña de anxo ó sur, un disco radiado e outro máis pequeno. Remata coa cruz de paos rectangulares, que ten as figuras do Crucificado e da Virxe. O Cristo ten a cabeza suavemente
inclinada á esquerda; pola moita erosión a cara aparece plana sen trazos faciais; as mans semellan estar abertas; os pés agora atópanse fragmentados; e aínda se distingue o pano da pureza anoado á dereita. A Virxe está de pé, cuberta cun manto ata os pés, e ten as mans xuntas en actitude orante. Esta imaxe é de tamaño reducido e de mínimo relevo


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9284355545
Lonxitude: -8.84551495314
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84