
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Tiobre (San Martiño)
Lugar: Nosa Señora dos Remedios
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Como ben di no libro “As fontes no concello de Betanzos” escrito por Xesús Torres e Antón García, esta fonte “forma parte dun conxunto que enmarca unha praciña, como convidando á reunión, pola propia fonte, un asento corrido en pedra no lado esquerdo e outro máis baixo -que podía ter funcións de pousadoiro- no dereito. Cerra o recuncho o desnivel da costa, proporcionándolle unha parede límite ó conxunto, dominado por un cruceiro moi elevado sobre o nivel da fonte”.
Esta é un fermoso exemplar de cantería, de estilo renacentista ou neoclásico, cun frente flanqueado por pilastras toscanas, con molduras xeométricas,así como os capiteis e as basas. Sobre o entablamento sinxelo un frontón triangular moldurado que ten como único adorno un medallón con volutas no tímpano.
O pé, unha pequena taza de sillería de granito de boa labra con dous ferros como pousadoiro. Enriba do pilón ten a billa que sae dunha moldura redonda. Dicir que parte do pilón e da parte do entablamento onde está situada a billa, ten un recebado de cemento que lle sobra e afea o conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Supoñendo que fora construída na época de construcción do Santuario (1568-1601), esta fonte tivo que estar vencellada o santuario e moi posiblemente a ermida anterior ó santuario. Sendo así, non sería estrano a existencia de algún rito pagán as ninfas ou algunha outra deidade. Contounos Murguía que, según Martiño Bracarense, no século VI o campesiño galego facía ofrendas ás fontes. “… o sacerdote cristiano veuse obrigado, para destruir supertición tan arraigada…, a coroar as fontes co sino da redención… Deste modo, sin rompe-la tradición nin facer forza ás primitivas creencias, levábase docemente ó home do pobo ás novas doctrinas, e sen maior violencia facíaselle membro da nova igrexa”. Cristianizada a fonte, ademais dos devotos e dos veciños da Costa dos Remedios, a fonte debeu ser moi utilizada polos viaxeiros na ruta do Camiño Inglés cara santiago de Compostela.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-TORRES REGUEIRO, X.; GARCÍA GONZÁLEZ, A.: “As fontes no concello de Betanzos”. Asociación Cultural Eira Vella, Betanzos, 2012.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2838276452Lonxitude: -8.20536956191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84