Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Capela / Eume (comarca)
Parroquia: Caaveiro (San Boulo)
Lugar: Caaveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Situado nun outeiro entre o Eume e o Sesín, o mosteiro de San Xoán de Caaveiro atópase no corazón do Parque Natural das Fragas do Eume.
Segundo varios documentos, alá pola primeira metade do século IX, San Rosendo decidiu xuntar a todos os anacoretas que vivían dispersos polas fragas, que vivían en cabanas e se alimentaban de herbas e raíces. Así, Rosendo Guterri, bispo de Mondoñedo, e un abade chamado Roderico, donan a igrexa de San Xoán Bautista para que alí rezaran estes eremitas.
Pouco a pouco, o mosteiro convírtese nun dos máis importantes da contorna, ó recibiren a maior parte das terras cultivables do Eume, concederlle xurisdición sobre vilas e freguesías e outros privilexios e doazóns. Tanto poder tivo que este mosteiro bieito foi eximido da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela.
Deste xeito, a súa igrexa recibe no século XII a categoría de Real Colexiata con seis cóengos pertencentes á Regra de Santo Agostiño.
Logo de numerosos problemas entre os propios curas e monxes, a finais do século XVIII, o mosteiro queda abandonado. Isto decidiuse logo de numerosas queixas, xa que os monxes non mantiñan as formas. “Os cóengos pleiteaban entre si e co prior, por problemas de rendas e xurisdicción”. Un informe da Cámara Real define a situación do mosteiro de “lamentable” e aconséllase mandar ós monxes a Pontedeume ou Ferrol. Finalmente unha Real Orde do 1800 determina a supresión do priorado e o secuestro dos seus bens. Co abandono o mosteiro vaise quedando nun estado ruinoso.
No 1854, coa desamortización, o mosteiro sae a subasta e será adquirido por un particular, Pío García Espinosa, quen o restaura a finais do século XIX. As reliquias de Rosendo trasládanse a Santiago e os obxectos relixiosos distribúense nas parroquias das Neves e Sonserra.
Na remodelación, Pío tira coa casa dianteira e a igrexa prioral pra edificar un edificio almeado e reconstrúe a capela de Santa Isabel.
Actualmente é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1971.
Unhas escaleiras dan acceso ó arco de entrada no mosteiro coroado por un campanario barroco da escola de Simón Rodríguez. Cruzando o arco, está o adro entre o que queda do que foi residencia de cóengos e a fachada da igrexa. A portada non é a orixinal románica, foi unha reconstrución da restauración do XIX. Onde se conservan as súas partes románicas de finais do século XII son na cabeceira e en parte da nave. A igrexa presenta pranta rectangular e ábsida semicircular cuberta con bóveda de medio canón. No exterior, a ábsida divídese en tramos mediante columnas adosadas e con vans de doble arquivolta.
O gran desnivel do terreo fixo que esta parte se construíse sobre un muro cadrado de apoio, adosado ó barranco, con grandes contrafortes. Tamén se fixeron estancias subterráneas aproveitando a orografía do terreo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contan que unha mañá San Rosendo asomouse á ventá e maldixo: “Que día de merda”. Isto fíxoo sentirse mal, polo que puidera pensar Deus. Como autocastigo decidiu tirar cun anel seu ó río Eume. Días despois, cando foron abrir un salmón pescado nesas augas atoparon o anel de volta, na súa tripa. Así quedou perdoado San Rosendo.
“Unha noite de tormenta
perdeu San Rosendo o anelo;
moitos aniños despois
tróuxollo no bico un reo.”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
CHAMORRO, Eduardo (2004) La Galicia de los Monasterios. Ed. Einsa, La Voz de Galicia (Arteixo)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.41753323192242Lonxitude: -8.068256378173828
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Manuel Rial says:
Mar 31, 2012
Xa non sabería hoxe que contestar á pregunta: Atópase en perigo nestes momentos? Non podo ca alma ó ver as imaxes!