
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carral
Parroquia: Beira (Santa María)
Lugar: Herves
Outra denominación do ben: Castro de Forteillo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Atópase á beira da estrada N-550, á altura do pobo de Herves. Presenta unha superficie chan, caendo en ladeira con pendente pronunciada cara ó chamado “Rego de Herves”, por onde discorre o camiño de acceso que o circunda. É posible acceder, pero na actualidade atópase cuberto de maleza. Non se atoparon restos de interese a nivel superficial.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003278
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Após da nova de Oscar Franco (nos comentarios anexos ó presente inventario), e tralo desbroce feito na totalidade da parcela que ocupa o castro de Herves, fomos quen de facer, durante o vrao do ano 2016, una inspección de campo e atopar numerosos restos de pallabarro, pertencentes con toda probabilidade ó teitado e cubricións; asemade dalgúns restos de cerámica, tendo estes últimos unha orixe dubidosa e quizabes pertencentes á época moderna.
Tódolos restos atópanse na actualidade en fase de análise.
Referencias bibliográficas:
“Santa Mariña de Veira”, Xosé Lois Vilar Hermidas, 1999. Edita Concello de Carral,
Concellalía de Cultura.
Catalogado no PXOM do Concello de Carral, 1993, baixo o nome “Castro de Forteillo”, con nivel de preotección 9. www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF pax.2
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.193434039Lonxitude: -8.36235523224
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
eamigo says:
Feb 25, 2016
Para ampliar a información sobre o Castro de Herves, engadimos o enlace ao seguinte artigo: https://castrodastravesas.wordpress.com/2012/12/28/castros-con-emprazamentos-inverosibeis/
Puri says:
Xuñ 8, 2016
Chama ó Seprona: van eles de oficio
Oscar Franco says:
Xuñ 12, 2016
A prensa escrita do 11 de xuño de 2016 recolle a denuncia polos traballos de tala e plantación no entorno deste castro sen ter autorización:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/06/11/patrimonio-ayuntamiento-niegan-haber-autorizado/1078461.html