Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Sober / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Millán (San Nicolao)
Lugar: As Casas Grandes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Afloramento granítico que semella, segundo Vázquez Seijas, un animal deitado cunha pía á altura do que sería o pescozo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A auga que o ceo deita nas corgas, pecha as feridas e volve a vista ós ollos doentes.

Di a tradición que estas augas curan as dores de moas porque nos penedos do redor se escondeu Santa Apolonia da persecución pagá.

Ata non hai moitos anos viñan por auga á pía para enxuagar a boca. Se non chovía, os devotos enchían a pileta de auga. Os rapaces, sabedores destas costumes, adoitaban mexar alí, dándolle novas propiedades curativas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

VÁZQUEZ SEIJAS, MANUEL; “Aportación de la provincia de Lugo al Corpus petroglyphorum Gallaeciae”. Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo. Nº 14, 15. 1945. 1946.

http://coladodovento.blogspot.com.es/2007/06/covias-do-monte-do-cura.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4577161433
Lonxitude: -7.59430199862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84