
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Osedo (San Xulián)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela de gran sinxeleza formada por unha única nave rectangular dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado en dúas pilastras apegadas ós muros. Ten dúas pequenas xanelas estreitas de tipo seteira no treito do presbiterio e outra no testeiro. Os seus muros estan recebados e pintados de branco agás os esquinais, marcos dos vans e a espadana, o teito vai cuberto a dúas augas. A fachada vai composta de xeito simétrico seguendo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal rectangular. Sobre o ingreso vai unha pedra armeira o que lle segue unha xanela rectangular co van de arriba curvo. Rompendo o vértice do pentágono unha base para a espadana flanqueado por dous pináculos circulares moi moldurados. A espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados que serven para aloxa-las campas. O segundo un frontón triangular moi moldurado cun oco central flanqueado por dous pináculos e rematado por unha cruz de pedra cos brazos en remate florenzado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.338773921Lonxitude: -8.27038228512
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84