Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O cruceiro procede da zona de Noia chamada Campo das Rodas, que está xusto ao cruzar pola Ponte de Noia cara a Porto do Son. Agora o cruceiro atópase no cemiterio de Santa María a Nova, no lado dereito según se entra para o templo. Ten características similares ao cruceiro da Praza do Tapal, na mesma Vila de Noia, e un gran parecido na súa feitura. No anverso e no reverso da cruz aparece o Cristo crucificado e a Virxe coroada, cubertos por pequenos baldaquíns que lle confiren o seu aspecto gótico. A diferenza co do Tapal é que ten figuras de monxes no capitel mentres que este ten os símbolos dos evanxelistas (Tetramorfos): anxo, león alado, aguia e touro alado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Noia. Guía Turístico cultural, Comisión da Cultura do Concello de Noia. 1990.
Depósito Legal C-726-88
Álvaro de las Casas. O Cemiterio de Santa María a Nova, Edición e Estudio Introductorio Xepe Torres.
Ano 1990.ISBN:84-87848-00-1
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax 15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7832401466
Lonxitude: -8.88574540615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84