Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Rus (Santa María)
Lugar: Ramil
Outra denominación do ben: Castro de Nogareda
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado nun esporón da ladeira oeste dos Montes da Férveda, a 207 m. de altitude, e dominando o val que conforma a depresión meridiana nas parroquias de Rus (Carballo) e Erbecedo (Coristanco. O recinto central de forma case circular acada os 110 m. de diámetro, está rodeado dun parapeto perimetral e amosa grandes terrapléns de terra en toda a súa contorna. Pola cara oeste este chega a acadar uns 15 m. Se medimos todo o complexo sistema defensivo, dende a súa base na zona oeste ata un foso que se atopa bastante colmatado na banda leste, este castro acadaría os 200 metros.
Na parte leste da croa da fortificación podemos ver un corte no terreo en forma de media lúa, dirección norte sur, que conforma un foso duns 6 metros de profundidade que defendería un recinto de aspecto redondeado, á mesma altura con respecto ao anterior e cuxas medidas dos seus eixos oscilarían entre os 25 e 30 metros, aproximadamente. Deféndese cun pequeno parapeto de terra e pedras duns 2 m. de altura nos seus bordes. Podése entrar por tres sitios, pero a principal entrada , e supoñemos que a orixinal, está na zona SO.
A imaxe secundaria desta ficha é un LIDAR- PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia.Instituto de Estudos do Territorio (IET)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA 15019019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Web do PXOM do Concello de Carballo, ano 2016
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xa_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
pax. 60 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1604584829
Lonxitude: -8.66477966309
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84