
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: Axiaz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O Coto Cornellal conforma unha pequena meseta de menos de 1 Km² ao sur do lugar de Axiaz e ao norte do río Turubelo. O conxunto arqueolóxico deste lugar foi dado a coñecer a raiz dos traballos levados a cabo sobre o fenómeno tumular na comarca do Deza entre os anos 2001 e 2004. Segundo os autores do artigo “Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo”, este sitio contaría cun gran número de petróglifos e alomemos con 12 túmulos, dos cales en 8 deles hai evidencia de cámara con 4 ou 5 lousas, e só en dúas non hai ortoestatos. Esta mámoa correspondería a unha que ten 5 esteos, está uns metros ao sur dun camiño e ten outra en fronte a 20 m., ao outro lado da vía, cara o oeste. O Túmulo mide uns 17 metros de diámetro máximo (NW-SE) e unha altura de 1,4 metros aproximadamente. Ten cinco lousas visibles que sobresan do terreo uns 50 cm. conformando unha cámara poligonal de 1 metro de diámetro aprox. Pola descrición que vemos no artigo e a súa orientación, esta mámoa podería corresponderse coa numerada como Túmulo nº 2.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Rodríguez Alvárez, Emilio. Rodríguez Rellán, Alvárez. Fábregas Valcarce, Ramón.
Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo.
Enlace web https://goo.gl/ZEglwd
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7144956977Lonxitude: -7.99653947354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Ago 24, 2015
Enlace ao artigo publicado en
Anuario de Estudios e Investigación do Deza nº 8, 2006
Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo.
https://goo.gl/ZEglwd