Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Liáns (Santaia)
Lugar: Montrove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta rectangular alongada cunha sancristía lateral e teito con caída a dúas augas con tella curva do país. Os seus paramentos quedan recebados e pintados de branco, agás os esquinais, liña da cornixa, marcos dos vans e espadana. A súa fachada moi simple, presenta no seu eixo vertical central de abaixo arriba, unha porta de arco de medio punto sobre á cal hai un óculo de luz. Remata esta fachada cun frontón curvo con imposta e unha pequena espadana ou campanel dun só corpo flanqueada por dous pináculos piramidais.
Esta capela forma parte do patrimonio histórico-artístico cultural de Santaia de Liáns. A primeira misa celebrouse o 18 de marzal de 1738. Sufreu dúas importantes restauracións sendo párroco don Manuel García Calviño. A primeira fíxose no ano 1953 coa ampliación da sacristía. A segunda foi no ano 2000, renovando o teito interior novo de madeira, recubríronse as vigas, recubríuse o frontal do altar con plaqueta de terracota, sustituíse o tellado de uralita pola tella curva do país e ampliouse a capela cun pórticode madeira sostido por dúas columnas de granito.
tódo-los anos o 26 de xuño celébrase a festa do santo patrón de Montrove.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3291831654
Lonxitude: -8.35524737835
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84