
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Riofrío (San Miguel)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O conxunto componse dun cruceiro, unha mesa cerimonial e un peto de ánimas que repousan sobre unha formación rochosa que lles serven de base.
O cruceiro posúe unha base cúbica esculpida sobre o propio penedo. O fuste, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, soporta un capitel cadrado. O cruceiro remata nunha cruz tipo latina, lisa e sen figuras.
O peto de ánimas é de tipo pechado. Posúe un tellado liso sobre o que se apoia unha peza piramidal con remate en cruz pétrea. A fornela aparece cun enreixado. No interior podemos ver o caixón das esmolas e unha representación pictórica sobre a pedra, en mal estado de conservación, que mostra ás imaxes de cinco almiñas (unha delas cun bonete) entre as lapas do purgatorio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha E_041 – Páxina 160)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603004.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2392036329Lonxitude: -8.45442607999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Nov 9, 2015
BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952
adela suma says:
Nov 9, 2015
O enlace que aparece na ficha ao PXOM refierese ao documento para aprobación inicial do plan, ainda está en tramitación.
adela suma says:
Nov 9, 2015
Coma información complementaria, engado o enlace ao catálogo do Proyecto de ordenación del medio rural (1999) vixente no concello (páxina 3):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF