Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Rodeiro
Parroquia: Pedroso ( San Xiao)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa duns 20 metros de diámetro sobresae do terreo 1,5 metros aprox., no seu punto máis alto. Amosa 5 chantos na súa parte central onde estaría a cámara. Hai nela moitas tobas feitas por animais coma as que fan os raposos e ou teixugos. A terra removida fai difícil poder apreciar a parte saínte dos esteos. O PXOM do concello de Rodeiro do ano 2009 cataloga nesta zona, a 250 metros ao sur desta mámoa, e ao outro lado da estrada, outra mámoa, e a 170 m. ao leste desta última outra máis, cos códigos GA 36047107 e GA 6047028, denominadas Mámoas das Gandareiras ou do Raposo 2 e 1 respectivamente, na ficha da nº 1 podemos ler : GA 6047028 “Mámoa túmulo nº 1, moi deriodado, por mor da vexetación. Nas súas inmediacións debe haber outra mámoa, pero non se localizou”.
Con toda seguridade ten que ser esta que se amosa nesta ficha. Debería ser entón Mámoa das Gandareiras ou do Raposo 3.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

As outras mámoas,1 e 2, das Gandareiras ou do Raposo
catalogadas no pxom do ano 2009 de Rodeiro nesta zona
Mámoa das Gandareiras ou do Raposo nº 1 GA 36047028
onde se advirte da presenzia da nº 3
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca024.pdf
Mámoa das Gandareiras ou do Raposo nº 2 GA 36047107
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca036.pdf
Coordenadas en google maps .
lat.e 42.68823996533575 lonx. -8.021478652954102


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Plantación de Piñeiros ao seu carón


Onde está localizado

Latitude: 42.6882399653
Lonxitude: -8.02147865295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84