
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Coiro (Santa María)
Lugar: San Cristovo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octogonal comezando en cadrado cunha imaxe, probablemente de San Cristovo, perto do capitel. Este capitel cúbico, roto, ten unha cinta metálica para a súa unión, soporta unha cruz octogonal que presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña. O cruceeiro é todo de granito cun estado de regular a malo debido o seu estado de erosión.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8596415763Lonxitude: -8.98815482855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84