
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Castro (Santa Baía)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma troncopiramidal e pedestal troncopiramidal rematado con bocel e cunha mesa acaroada. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado e con adornos nos chafráns. O seu capitel, corintio, con follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é cuadrangular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. Leva o pano de pureza sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe con xesto aflixido. O cruceiro é unha mestura de granito e formigón, sendo de granito a plataforma, pedestal, mesa e varal, e de formigón, capitel, cruz e imaxes. O seu estado de conservación é regular.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1833764925Lonxitude: -8.80099564791
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84