Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Na zona leste do Val de Vimianzo, no monte de Trasouteiro érguese unha cruz de pedra sobre grandes penedos de granito. Non ten ningunha figura, nin inscrición (polo menos visible) xa que se atopa cuberta de lique e moi erosionada.
A Cruz do Loureiro pode ser vista a distancia para os camiñantes que se achegan pola zona leste do Val, polo vello camiño real aínda hoxe transitado de Tedín e Trasouteiro. Está incrustada nun burato feito nun penedo e asegurada con pedras máis pequenas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O 30 de agosto de 2020 saiu á luz o descubrimento por parte dun mozo vimiancés, David Roget, de varias gravuras tanto na cruz como na súa contorna. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2020/08/30/brillante-estudiante-descubre-diez-estaciones-petroglifos-vimianzo/0003_202008C30C3991.htm


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.108283613
Lonxitude: -9.02509689331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84