Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Beariz / Carballiño (comarca)
Parroquia: Beariz (Santa María)
Lugar: Beariz - Praza da Forxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Eira de superficie cadrada e de pequena superficie que recibe este nome porque no pasado neste lugar existiu unha forxa.
No seu interior podemos ver un conxunto de 8 hórreos mixtos. Case todos eles teñen a súa estrutura en pedra granítica, cos laterais e frontais en madeira e o seu teitume a dúas augas con cuberta de lousa. Uns érguense sobre columnas biseladas e outros sobre perpiaños dunha soa peza.

Tanto o piso da eira como os hórreos foron recentemente restaurados

Ata o primeiro cuarto do século XX, tamén se celebraban Corridas nesta eira, que foron en decadencia, ata perderse de todo, pouco antes da Guerra Civil, posiblemente debido á masiva emigración dos mozos e canteiros que se desprazaban a outras rexións de España, para as construcións, sobre todo, dos túneles do ferrocarril.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BEARIZ/documents/0553CA001.PDF (PXOM ano 1993)
http://xentedebeariz.blogspot.com.es/p/blog-page.html
http://www.xoanarcodavella.com/2014/02/eira-da-forxa-beariz.html?spref=fb


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4665115968
Lonxitude: -8.27147126198
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84