Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Carrascal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este cruceiro nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas soporta un varal que arranca en sección cadrada e remata en octogonal. Nesta parte cadrada aparece a imaxe de San Gregorio, patrón do barrio de Pías. O capitel, con volutas, follas de acanto e caras de anxos, da paso a unha cruz de sección cadrada e arestas chafranadas no que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.
O cruceiro, que se atopa no interior do recinto do Centro Rural Agrupado María Zambrano, é obra do escultor pontevedrés Edelmiro Fernández, e foi inaugurado no ano 1959.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_094 – Páxina 299)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604827.html

BIBLIOGRAFÍA
“Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999; de Xoán Martínez Tamuxe.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9188673648
Lonxitude: -8.83376419544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84