Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: San Miguel de Tabagón (San Miguel)
Lugar: San Gregorio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro, que forma parte dun muro dunha finca particular, consta dun varal de sección octogonal. O seu capitel de forma esférica posúe a seguinte inscrición: IVIS (Luis) FERNANDEZ VILLA 1571″
O conxunto remata nunha cruz tipo latina no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con manto e co Neno no colo do seu brazo esquerdo no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_109 – Páxina 313)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604829.html

BIBLIOGRAFÍA
“Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999; de Xoán Martínez Tamuxe.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase formando parte dun muro de peche dunha finca particular.


Onde está localizado

Latitude: 41.9149546561
Lonxitude: -8.83027912132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84