
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Paleo
Outra denominación do ben: Sancti Stephanum de Palleo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A primeira mención da igrexa de Paleo é no Documento Tructinio, do ano 868, que fai referencia ás parroquias do territorio de Nemitos ou Nendos: «Noticia de ecclesiis que sunt in Nemitos de sede hyriense ex antiquo: id est., scm. Tirsum de Mauegondo; scm. Stephanum de Paleo…».
Atopánse outros rexistros baixo “Sancti Stephanum de Palleo”, durante os séculos VIII e IX.
A igrexa actual data do s.XVIII, de estilo Neoclásico e con dúas capelas laterais adicadas a San Xosé e o Cristo do Consolo. Sitúase nuha zona con fonda tradición de cultos e asentamentos, coma son o castro próximo, asentamentos tardorromanos atopados, así coma outra capela xa desaparecida, a de Santa Eufemia, destruída no ano 1715 ubicada no actual cruceiro do ano 1730. Esta capela de Santa Eufemia foi reedificada no centro de Carral no 1719, trocando máis tarde (s. XIX) a súa advocación pola Virxe do Socorro, destruída para agrandar a praza. (Vilar Hermidas).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003290
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Retablo roccocó con columnas salomónicas e decoración vexetal.
Tradición oral:
Coma indica Vilar Hermidas, a lenda que contan os vellos do lugar, que a antiga igrexa de Paleo estaba situada detrás da actual, desapareceu por afundimento debido a unha bolsa de auga subterránea e aínda din que o que se acerque por alí pode oi-las campás resoar debaixo da terra.
Amais hai lendas e cultos relacionadas coas fontes da zona e as covas próximas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– DEPÓSITO DE LA GUERRA (1866-1868): Itinerario descriptivo militar de España. Edición Cuerpo de Estado Mayor del Ejercito VII, (1866), Madrid, vol. VII, pp. 11-602.
– ERIAS MARTINEZ, Alfredo (1990): O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral): dun machado da cultura megalítica a unha necrópole tardorromana e/ou altomedieval. Anuario Brigantino, nº13, pp. 27-46.
– FERREIRA PRIEGUE, Elisa (1988): Los caminos medievales de Galicia. Edición Museo Arqueolóxico Provincial, Grupo Marcelo Macías, Ourense.
– GONZÁLEZ, Tomás (1829): Censo de las Provincias y Partido de la Corona de Castilla en el siglo XVI. Madrid, pp. 39.
– INSTITUTO GEOGRÁFICO Y ESTADÍSTICO (1892): Nomenclator de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1º de Enero de 1888. Dirección General del Instituto Geográfico y Estadístico t. XVI: provincia de La Coruña, Madrid, 1892.
– LÓPEZ FERREIRO, Antonio (1899): Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. Santiago, vol. II, Apéndices.
– RODRÍGUEZ CAMPOMANES, Pedro (1761): Itinerario Real de Postas de dentro y fuera del Reyno. Ed. facsímil Centro de Publicaciones del Ministerio de Transportes, Turismo y Comunicaciones, Madrid, 1988.
– VILAR HERMIDAS, Xosé Lois (1996): San Estevo de Paleo. Editorial Concellalía de Cultura, Concello de Carral, A Coruña.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2243947479Lonxitude: -8.36864501238
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84