Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: Marzán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Pequena capela do século XIV aínda que foi reconstruída sobre unha máis antiga. Está feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular con teitume a dúas augas.Na súa fachada principal podemos ver un pórtico de entrada de recente factura que dá paso a unha porta alintelada.No conxunto destaca unha cruz antefixa.
No pasado, a capela sufriu unha desafortunada ampliación en altura, aínda visible nas paredes laterais.Emprázase na Granxa do mesmo nome, que pertenceu ao Mosteiro de Santa María de Oia. Nos arredores da capela atópanse un conxunto de tumbas antropomorfas medievais: http://patrimoniogalego.net/index.php/65688/2014/11/sepulcros-antropomorfos/


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nesta capela aparecen varios restos de época romana. Entre o máis destacado está unha ara romana epigráfica dedicada a Mercurio (hoxe no Museo Diocesano de Tui). A inscrición di o seguinte:
“DEO/MER(curio)/FRO(nto) /EX V(oto) P(osuit)”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_093 – Páxina 298)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSAL/documents/0916CA001.PDF
http://noticiasorosal.blogspot.com.es/2010/01/capela-de-san-vicente-sepulcros.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia_9.html
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/o%20rosal.pdf

BIBLIOGRAFÍA
“Aportación ao estudo da identificación, antigüidade e cristianización das primeiras parroquias da sede episcopal de Tui citadas no II Concilio de Braga no 572”, Castellum Tyde. Revista do Instituto de Estudios Tudenses, Ed. I.E.T., páxs. 76-80, Tui (2008).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9379414553
Lonxitude: -8.862760216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84