Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pedro García Vidal no seu Libro “A Noia da Memoria” dinos: ” O mar tivo unha fundamental importancia na Vila de Noia desde o mesmo momento da súa fundación. É lóxico pensar que a vivenda mariñeira fose elemento definidor da súa arquitectura popular. Vivendas dunha e dúas plantas cubrían a superficie urbana, dando un sabor especial de vila mariñeira a aquela Noia preindustrial”. Vidal define tres clases de casas mariñeiras: A mariñeira máis corrente, situada nun compacto núcleo e construída sobre medianeiras formando unha rúa. Trátase dunha casa dunha soa planta, que Pedro de Llano denomina “casa terrea”, onde se instalan no mesmo lugar, as camas, a cociña e as artes de pesca. Outros modelos serían as casas mariñeiras con soportais: “casa-vivenda con soportal” de arcos de medio punto e rexos pilares, e a “casa de soportal máis simple”, con sucesión de columnas de pedra de sección cadrada ou circular sobre as que descansan as trabes que soportan o peso do corredor, e as que se adica outra ficha deste catálogo. Na actualidade o “Plan de Rehabilitación de Vivendas do Casco Histórico de Noia comtémplaas como un Ben a protexer.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Vidal, Pedro. A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana.
Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/09/casas-marineiras-do-curro/
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/19/0003_201107B19C3995.htm?idioma=galego


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7818188373
Lonxitude: -8.88856172562
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84