Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Coristanco (San Paio)
Lugar: San Paio - Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma octogonal de catro chanzos e pedestal octogonal que comenza en cadrado levando acaroada unha mesa. O varal é octogonal comezando tamén en cadrado. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco ten lados curvos e os vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas e querubíns. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun estado de regular a malo debido a súa erosión.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA007.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1897089759Lonxitude: -8.76163423061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84