
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Cruceiro do ano 1572 que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas moi rebaixadas posúe varias inscricións nas súas caras aínda que hoxe en día son ilexibles.
O seu varal de sección cilíndrica remata nun capitel de forma esférica con sucos.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña e en actitude de oración no reverso.
Este cruceiro atópase xunto á Fonte da Feira, conformando un fermoso conxunto.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Conta a tradición que, nas proximidades deste cruceiro, cando estaba no seu primitivo asentamento, fora sepultado un fregués rosaleiro, veciño de Novás, xa que o recto abade Leirós se negara a soterralo en sagrado.”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_021 – Páxina 227)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604806.html
BIBLIOGRAFÍA
“Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999; de Xoán Martínez Tamuxe.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9386716989Lonxitude: -8.83537754416
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84