Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Deza (comarca) / Rodeiro
Parroquia: San Martiño de Asperelo (San Martiño)
Lugar: Asperelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
O petróglifo atópase nunha cara en pendente e orientada ao sueste dun penedo que sobresae da contorna. Ten gravadas representación de armas, o que o fai pertencente a un escaso números de estacións que amosan esta característica. As armas que amosa son espadas e alabardas en dous grupos diferentes. Situándose diante da cara da rocha cos gravados, e separadas por un símbolo en forma de G e unha diaclasa casi en vertical, podemos ver na zona da dereita, unha espada con nervadura central e empuñadura redonda con 9 alabardas que se aproximarían á medida de 80 cm., todas en posición vertical, posición que algún autor quere chamarlle “de descanso”. Unha delas vai en horizontal. Dúas delas terían nervadura dobre. Ademais á dereita destas alabardas está o gravado dun obxecto de forma rectangular.
O grupo da esquerda da rocha ten gravado 5 alabardas, dúas delas en posición horizontal. Distínguese dúas espadas, unha dela con empuñadura, gravadas de forma esquemática e en vertical, entre outro grupo de liñas con interpretación máis dubidosa. Podemos apreciar os detalles das figuras no calco do petróglifo que vemos na segunda imaxe desta ficha.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Sobre a posible figura dun carro no petróglifo de Coto das Laxas.
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html
Ruta dende Asperelo ao petróglifo Coto das Laxas.
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=z3QiYSglpR0M.ku9SMjghpSmo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6125941943Lonxitude: -7.92657405138
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Set 16, 2015
Sobre a posible figura dun carro no petróglifo de Coto das Laxas en Asperelo. Rodeiro.
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html
Ruta dende Asperelo ao petróglifo Coto das Laxas
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=z3QiYSglpR0M.ku9SMjghpSmo