Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Necrópole, Cruceiro,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Paleo
Outra denominación do ben: Necrópole Paleo
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval, Século XX,
Descrición:

O cruceiro, adicado ás ánimas do Purgatorio e construído no ano 1730, sitúase no lugar da capela de Santa Eufemia xa desaparecida, destruída no ano 1715. Esta capela de Santa Eufemia foi reedificada no centro de Carral no 1719, trocando máis tarde (s. XIX) a súa advocación pola Virxe do Socorro, destruída para agrandar a praza. (Vilar Hermidas).
A área onde se atopa o cruceiro emprázase sobre un asentamento tardorrománico ou altomedieval, con zonas de culto atopando restos de tégulas e ímbrices. Nun dos taludes da estrada do cruceiro á igrexa de Paleo atopouse tamén un sepulcro, hoxe depositado no Museo das Mariñas de Betanzos, identificado por Alfredo Erias.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003289
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– ERIAS MARTINEZ, Alfredo (1990): O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral): dun machado da cultura megalítica a unha necrópole tardorromana e/ou altomedieval. Anuario Brigantino, nº13, pp. 27-46.
– VILAR HERMIDAS, Xosé Lois (1996): San Estevo de Paleo. Editorial Concellalía de Cultura, Concello de Carral, A Coruña.
– FERNÁNDEZ ANS, Pablo (2015): “Location of hillfort culture settlements by means of aerial archaeology in the municipality of Carral, Galicia”. AARGnews, nº51. Aerial Archeology Research Group. http://www.univie.ac.at/aarg/index.php/AARGnews.html
– MUSEO DAS MARIÑAS-BETANZOS: http://www.betanzos.net/cgi-bin/Betanzos.pl?Z&Cliente=Betanzos&Ses=&Idm=es&OPC=CUL&RefM=4&RefOP=39&RefOP1=79&RefOP3=16&DPL=&menu=&NOM=cultura_museos.htm&lin=cultura_museos.htm
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1990PDF/1990%20027-046%20Paleo.pdf
PXOM Carral: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2253075735
Lonxitude: -8.36788594723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84